O Camiño

Disfruta del vino

A RUTA DO 2023

20 anos de amor cara ás nosas raíces

Dende pequenos vivimos o amor polo viño, que nos inculcaron os nosos pais, e vivimos a nosa ruta polas adegas, pero visitando aos amigos e degustando o viño que elaboraba cada un deles. Para nós a frase «veña e comprovos un pouco de viño» forma parte das nosas raíces e iso é o que queremos compartir con todos vós.

Desde o ano 2004 Seadur celebra todos os Sábados Santos unha ruta denominada: «As covas de Seadur» onde a xente da vila abren ao público as portas das súas adegas/covas, e onde os asistentes poden degustar viños tanto brancos como tintos de produción local, acompañados. por ricos produtos locais como empanadas, caldo, xudías con xabaril, xamón asado, chourizos ao viño e outros non tan locais como albóndigas, paella, oreja, que axudarán ao visitante a aguantar a degustación dos diferentes caldos que se ofrecen.

A visita ás adegas e covas permite aos visitantes coñecer o proceso de elaboración do viño, xa que moitos dos viticultores que abren as súas adegas son os que elaboran os viños que se serven.

A comarca de Valdeorras é coñecida pola súa produción de viño, sendo unha referencia a denominación de orixe godello, e tamén moi importante, aínda que menos coñecida, a mencía. (vermello).

Despois de 3 anos sen ruta polo covid, reabrimos as nosas portas para convidarvos a volver a degustar os nosos viños e gastronomía, e gozar das nosas adegas.

Esta nova edición, que terá lugar o 8 de abril de 2023 de 18.30 a 22.30 horas, e na que se poderán visitar 19 adegas.

Todos os viños que serviremos son elaborados en Seadur, e acompañarémolos con pinchos quentes e produtos locais.
Amenizaremos o percorrido con 3 bandas de música que tocarán tanto dentro como fóra das adegas.

Agardámoste..!